sábado, 2 de noviembre de 2013

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Outubro é o mes das bibliotecas,  por ese motivo chegaron ao noso centro os carteis para conmemorar  e participar na celebración do Día das Bibliotecas Escolares, e colocámolos polos corredores do cole.
O lema elexído para este curso, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos relacionados coa ciencia.
O pasado 24 de outubro na nosa biblioteca conmemoramos este día facendo diversas actividades.
Decidimos buscarlle un nome á nosa  mascota. Fixémolo, recordando un conto elaborado por todos/as hai dous cursos e contado pola mestra Nila, a  profe de infantil.
Despois dunha dura deliberación xa podemos anunciar que a nosa mascota xa ten nome!A proposta gañadora foi:
emili



O nome elexido para a nosa mascota foi proposto por Marta ,Parabéns Marta , e moitas grazas a todos/as por participar!

Outra actividade que fixemos foi a árbore das nosas lecturas favoritas.

Aquí vos quedan máis fotos deste día!