sábado, 2 de noviembre de 2013

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Outubro é o mes das bibliotecas,  por ese motivo chegaron ao noso centro os carteis para conmemorar  e participar na celebración do Día das Bibliotecas Escolares, e colocámolos polos corredores do cole.
O lema elexído para este curso, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos relacionados coa ciencia.
O pasado 24 de outubro na nosa biblioteca conmemoramos este día facendo diversas actividades.
Decidimos buscarlle un nome á nosa  mascota. Fixémolo, recordando un conto elaborado por todos/as hai dous cursos e contado pola mestra Nila, a  profe de infantil.
Despois dunha dura deliberación xa podemos anunciar que a nosa mascota xa ten nome!A proposta gañadora foi:
emili



O nome elexido para a nosa mascota foi proposto por Marta ,Parabéns Marta , e moitas grazas a todos/as por participar!

Outra actividade que fixemos foi a árbore das nosas lecturas favoritas.

Aquí vos quedan máis fotos deste día!


martes, 22 de octubre de 2013

PREPARADOS QUE CHEGA O SAMAÍN!!!

Comenzamos a  andaina. Temos moito traballo por diante, mais o comenzamos con moita ilusión.
Como sabedes a próxima semana celebramos o samaín (Halloween).Para ir creando ambiente de festa aquí vos deixamos uns contos e algunha canción.
Agardamos que vos gusten !!!













lunes, 21 de octubre de 2013

BENVIDOS O BLOG DA BIBLIOTECA ESCOLAR

ola rapaces!
Hoxe é un día especial  para a biblioteca do noso colexio, pois hoxe celebramos a inaguración do  noso blog.
Nel poderedes informarvos de todo o que ao longo do curso iremos facendo na biblioteca. Tamén podedes atopar diferentes recursos que agardamos que vos sexan de utilidade.
Este blog pretende medrar con todos vos,cos vosos comentarios, suxerencias, recomendacións, ...

Animádevos a participar!!!